MUSICAL SOLIDARIO EN FAVOR DE UNICEF

O colexio Niño Jesús de Praga, como escola amiga de UNICEF, organiza un ano máis o seu musical Solidario “C@nta  connosco”.

Ven a gozar un espectáculo que contará coa participación de todo o alumnado do colexio, desde os máis pequenos de 3 anos ata os maiores de ESO que representarán o musical “ Mamma mia!!!”. Haberá ademais actuacións de rock e soul e un  Talent show. Este festival solidario está feito por nenos para axudar a outros nenos.

Un ano máis os fondos recadados destinaranse a apoiar o programa de Supervivencia Infantil “GOTAS PARA NÍGER” de UNICEF Comité Español. 

Compra a túa entrada no enlace